Ven estudar

videoxogos e realidade virtual

O IES Muralla Romana de Lugo ofréceche a oportunidade de formarte na industria dos videoxogos e realidade virtual. Un Curso de Especialización oficial que se imparte de forma presencial de outubro a xuño. Nel poderás aprender a deseñar, programar e desenvolver videoxogos para diversas plataformas, incluíndo aplicacións interactivas de realidade virtual e aumentada.

Anótate e avisámoste cando comece a matrícula

    Só che enviaremos un par de correos ao ano.

    Respectamos a túa privacidade. Poderás borrarte cando queiras.

    Por que estudar este curso?

    • Formación especializada en deseño 2D/3D, motores de videoxogos, intelixencia artificial e moito máis.
    • Acceso directo para titulados en ciclos superiores de Informática e Animación 3D.
    • Metodoloxía práctica con ferramentas de última xeración.
    • Saídas profesionais en estudos de videoxogos, empresas de tecnoloxía e emprendemento propio.

    Plan de estudos

    No curso de especialización terás os seguintes módulos:

    • Deseño gráfico 2D e 3D
    • Programación e motores de videoxogos
    • Programación en rede e intelixencia artificial
    • Realidade virtual e aumentada
    • Xestión, publicación e produción de videoxogos

    Detalles do curso


    Requisitos de acceso

    • Acceso directo:
      • Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma
      • Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web
      • Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede
      • Técnico Superior en Animacións 3D, Videoxogos e Entornos Interactivos
    • Acceso mediante proba:
      • Se non posúes ningún dos títulos anteriores, poderás realizar unha proba de acceso para avaliar os teus coñecementos e capacidades
      • A proba consiste nun exercicio de programación e unha entrevista persoal